Un lugar para aprender e coñecer

martes, 24 de octubre de 2017

Imos de visita á biblioteca da Maga Tomasa

A semana pasada, cando chegamos á clase pola mañá, atopamos un sobre pegado na porta, no que había unha mensaxe.... Era unha invitación da mismísima Maga Tomasa para que pasásemos pola biblioteca o día 20 de outubro, onde nos esperaba unha sorpresa.



Pois ben, chegou o venres e alá que fomos con moita ilusión por descubrir o que nos esperaba. 
Coa axuda da profe Mónica e seguindo as pistas que atopamos na maleta, puidemos achar información moi interesante sobre o proxecto que imos traballar este ano: PALABRAS QUE TRAE O MAR.










5

viernes, 20 de octubre de 2017

Ler números de máis de 3 cifras

Lembrades que fai uns días vimos o doado que é ler números aínda que sexan moi longos? A clave está en facer grupos e fixarse en cada un deles. Nesta imaxe está o resumo do que hai que facer.

--- BIBLIOTICS - Recursos

Que tal se practicas un pouco? Pois veña, escribe números de varias cifras e segue os pasos que se indican na imaxe para poder lelos.
0

Pasatempos de matemáticas

Ola rapazolos....e rapazolas!

Tráiovos a proba de que coas matemáticas tamén se poden pasar moi bos ratos. A que esperas para probar....!  Anímate!


0

Practicar multiplicacións e divisións

Precisas practicar multiplicacións e divisións porque aínda non che saen ben de todo? Ou...simplemente queres facelas porque "che peta"?

Pois aquí tes os enlaces a  todosobresaliente.com,  onde atoparás un xerador de fichas con multiplicacións e divisións.

Resultado de imagen de dibujos multiplicaciones
Clic enriba de min
Resultado de imagen de dibujo division
Clic enriba de min
                                                 
0

Xogando cos números romanos

Apetécevos botar uns xogos?

Desta vez ímolo facer cos números romanos que vides de aprender.

En    www.educaciontrespuntocero.com   teñen preparada unha listaxe de xogos para que poñades en práctica o que aprendestes.


Táboa de números romanos

Agora que comezamos a traballar cos números romanos e, xa que vexo que vos gustou moito, déixovos unha táboa de recordatorio que comparten con todos nós en materialdidactico.org


TÁBOA DE 

NÚMEROS ROMANOS


...e unhas instruccións....
Resultado de imagen de romanos
Fai clic enriba de min