
A semana pasada, cando chegamos á clase pola mañá, atopamos un sobre pegado na porta, no que había unha mensaxe.... Era unha invitación da mismísima Maga Tomasa para que pasásemos pola biblioteca o día 20 de outubro, onde nos esperaba unha sorpresa.
Pois ben, chegou o venres e alá que fomos con moita ilusión por descubrir o que nos esperaba.
Coa axuda da profe Mónica e seguindo as pistas que atopamos na maleta, puidemos achar información...