Un lugar para aprender e coñecer

Mostrando entradas con la etiqueta PDI anual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI anual. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de diciembre de 2019

A bordo dunha nao

Ola rapazolos e rapazolas!

A estas alturas, xa todos sabedes o tema que imos traballar no cole no noso Proxecto Documental Integrado deste curso....

o 500 aniversario da 1ª volta ao mundo!


E dentro deste proxecto, nós imos facer un traballo de investigación sobre as embarcacións nas que estes intrépidos navegantes se botaron ao mar.... as naos.



Para poder atopar información que vos axude a elaborar a vosa parte do traballo, déixovos aquí esta dirección...


Non a perdades de vista, mergulládevos ben nela e aprendede moito sobre esta grandísima fazaña que tivo lugar fai 5 séculos.






martes, 2 de abril de 2019

As centrais hidroelécricas

E por fin lle chegou o tempo ás centrais hidroeléctricas....


....tempo de que coñezamos, aínda que sexa dun xeito básico, como é o seu funcionamento para obter enerxía eléctrica a partir da enerxía da auga dos ríos.

Para elo, botamos man esta vez dun vídeo elaborado polo grupo ACCIONA, que nos axudou moito no proceso de recabar información.

Déixovolo aquí, por se queredes botarlle outra miradiña....




martes, 26 de marzo de 2019

Un día de investigación...

No desenvolvemento do proxecto de investigación "O poder das pingas: centrais hidroeléctricas" unha das partes máis importantes, logo de ter buscado a información que nos fai falla, é facer unha selección e chegar a un acordo dentro do grupo para expor o que vimos de descubrir.

Para iso é preciso pararse a pensar.......


.....repasar a información posta ó noso alcance....


.....coñecer o signifiacado de palabras que non entendemos.....


.....debatir no grupo que é o relevante.....


..... e decidir cal é o mellor xeito de expresalo.


Antes disto, na biblioteca, fixemos parte da investigación utilizando fondos bibliográficos axeitados ao noso tema.....




miércoles, 20 de marzo de 2019

Centrais eléctricas

Ola rapazolos e rapazolas!

Se tedes feito a tarefa que vos encomendei...(estou segura de que sí), xa saberedes que a electricidade se obtén, a partir doutros tipos de enerxía, nas centrais eléctricas.



E seguro que na vosa investigación de casa vos destes conta de que hai varios tipos de centrais eléctricas, dependendo do tipo de enerxía orixinal que se utilice para transformala en electricidade.

Pois disto ímonos ocupar agora... de coñecer cada unha destas centrais eléctricas. Para iso, contades coa información que atoparedes nos seguintes enlaces de www.endesaeduca.com. 

CENTRAIS TÉRMICAS


CENTRAIS NUCLEARES


CENTRAIS HIDROELÉCTRICAS


PANEIS SOLARES


AEROXERADORES/ CENTRAIS EÓLICAS

Para que precisamos a enerxía eléctrica?


Sobre esta pregunta estiveron a reflexionar hoxe os rapaces e rapazas de 5º de primaria.

Por medio da técnica de traballo cooperativo "o folio xiratorio" foron escribindo todas aquelas cousas que se lles ocorrían para as que precisamos este tipo de enerxía na nosa vida. Mesmo chegaron a crer que non se podería vivir sen electricidade...(sería un bó tema para un debate).

Ao final, reflectimos a súas aportacións nun PADLET que compartimos aquí e que nos servirá como punto de partida da segunda parte da nosa investigación sobre a enerxía: ónde se consegue a enerxía eléctrica que usamos.


jueves, 7 de marzo de 2019

O poder das pingas: centrais hidroeléctricas.

Ribeira Sacra, Cañones Del Sil, Ourense

Este é o título do proxecto de investigación que vai desenvolver neste curso o alumnado de 5º de Primaria, relacionado co PDI anual do colexio.

E por que este título? Pois veredes...

"Pinga a pinga..."  é a primeira parte do nome do proxecto de centro. Xa sabemos que é moi importante que cada un de nós faga a súa aportación, por pequena que sexa.

Pero se, por riba, esas pingas se xuntan, conseguen ter un gran poder, aínda sendo cada unha delas moi pequenas.

Así o puidemos comprobar co visionado, na clase, deste vídeo sobre o río Sil e o canón por onde discorre, que nos serviu de pistoletazo de saída para a nosa investigación.



Certo é que o canón se formou en boa parte pola presenza dunha falla tectónica que produciu esta depresión, pero tamén grazas á acción erosiva da auga do río (deses milleiros...millóns...billóns... de pingas) sobre a pedra granítica das montañas que o acobillan. Non me digades que isto non é ter PODER!

Pero aínda hai máis... Como falamos na clase, todas esas pingas que xuntas forman o río Sil, teñen outro poder do que a nosa sociedade actual saca moito partido: a súa enerxía. E ó longo do curso do río, en distintas instalacións, se transforma en enerxía eléctrica para o noso consumo. 

E éste é o poder no que nos imos centrar para saber máis sobre a enerxía, a enerxía eléctrica, en concreto, e as centrais hidroeléctricas.

Así que, preparados....que comezamos....




lunes, 26 de febrero de 2018

O CAMIÑO DE SANTIAGO, DA PROFE PILAR.

Ola, rapazolos e rapazolas!

Como esta mañá pasamos un ratiño estupendo coa profe Pilar, a vosa profe de 1º e 2º, falando da súa experiencia no camiño de Santiago, imos recoller aquí tres resumos sobre o que nos falou, feitos por tres de vós...

"Hoxe veu a profe Pilar a clase para contarnos a súa experiencia facendo o camiño de Santiago.
Contounos que ela había feito o camiño varias veces. Unha de elas desde O Cebreiro. Preguntámoslle como se indicaba o camiño, dixo que había fitos con vieiras que o sinalaban ou frechas amarelas nas árbores e nas pedras grandes.Dixo que a primeira vez que o fixo lle saíron bochas nos pés por ir con botas, agora vai cunhas botas de tipo sandalia. Polo camiño hai albergues para os peregrinos nos que se solen facer amigos.
Dixo que se podía facer a cabalo ou en bicicleta, aparte de andando. Polo camiño paras polos albergues e igrexas para poñerlle os selos dos lugares na credencial. Ao chegar a catedral de Santiago tes que ensinar a credencial para demostrar que fixeches como mínimo 100 km, aí danche a compostela."
Estela.

"Pilar ha venido hoy a 4º para hablarnos de su peregrinación. Ella fue con su marido al camino de Santiago empezando desde O Cebreiro.
La primera vez fue en bicicleta, claro, lo consiguió pero fue muy cansado. Tardó 4 ó 5 días. Pero al final consiguió ese premio tan esperado: ¡a compostela!
Nosotros le preguntamos como sabía por donde ir. Nos contó una historia larga y al final nos dijo que se guiaba por unas flechas amarillas y conchas llamadas vieiras. 
La norma para que te den la compostela es que hau que recorrer 100km, como mínimo."
Hugo B.

"Hoxe, o 26-2-2018, veu a profe Pilar a falarnos sobre o camiño de Santiago. A profe Pilar fixo o camiño de Santiago tres veces. A primeira fíxoa en bicicleta, e a segunda e a terceira os fixo andando. Hai oito camiños, e a profe PIlar, como son moi largos, saíronlle ampolas nos pés. Hai camiños franceses, italianos e portugueses. Comprar un papel e tes que sellalos nos albergues."
Ayla

Son tres anacos da experiencia de hoxe, que nos serviu de punto de partida para o noso traballo sobre o camiño de Santiago. Foi estupendo vervos moi atentos ás historias e emocións que Pilar compartiu con nós.

sábado, 24 de febrero de 2018

"CAMIÑO DE SANTIAGO" - QUE SABEMOS? / QUE QUEREMOS SABER?




Ola rapozolos e rapazolas!

Fai uns días, na clase, falamos e recollemos nuns padlets o que xa sabemos sobre o Camiño de Santiago e o que queremos aprender.

Para que sempre o poidades ter a man e consultar cantas veces precisedes, aquí volos deixo...


Hecho con Padlet
Hecho con Padlet

"CAMIÑO DE SANTIAGO"

Ola rapazolas e rapazolos!

Imos comezar a traballar no noso proxecto deste curso 2017-2018, "O Camiño de Santiago", como parte do proxecto anual do centro "PALABRAS QUE TRAE O MAR", adicado como xa sabedes, ao Pergamiño Vindel.

Déixovos aquí esta imaxe para premer nela e poder acceder ao sitio web onde temos todas as cuestións que imos investigar por equipos, e onde iremos recollendo o que vaiamos aprendendo polo camiño.

https://sites.google.com/view/caminodesantiagoceipcastelao/p%C3%A1gina-principal

Comezamos a andaina...!