Un lugar para aprender e coñecer

martes, 26 de marzo de 2019

Un día de investigación...

No desenvolvemento do proxecto de investigación "O poder das pingas: centrais hidroeléctricas" unha das partes máis importantes, logo de ter buscado a información que nos fai falla, é facer unha selección e chegar a un acordo dentro do grupo para expor o que vimos de descubrir.

Para iso é preciso pararse a pensar.......


.....repasar a información posta ó noso alcance....


.....coñecer o signifiacado de palabras que non entendemos.....


.....debatir no grupo que é o relevante.....


..... e decidir cal é o mellor xeito de expresalo.


Antes disto, na biblioteca, fixemos parte da investigación utilizando fondos bibliográficos axeitados ao noso tema.....




miércoles, 20 de marzo de 2019

Centrais eléctricas

Ola rapazolos e rapazolas!

Se tedes feito a tarefa que vos encomendei...(estou segura de que sí), xa saberedes que a electricidade se obtén, a partir doutros tipos de enerxía, nas centrais eléctricas.



E seguro que na vosa investigación de casa vos destes conta de que hai varios tipos de centrais eléctricas, dependendo do tipo de enerxía orixinal que se utilice para transformala en electricidade.

Pois disto ímonos ocupar agora... de coñecer cada unha destas centrais eléctricas. Para iso, contades coa información que atoparedes nos seguintes enlaces de www.endesaeduca.com. 

CENTRAIS TÉRMICAS


CENTRAIS NUCLEARES


CENTRAIS HIDROELÉCTRICAS


PANEIS SOLARES


AEROXERADORES/ CENTRAIS EÓLICAS

Para que precisamos a enerxía eléctrica?


Sobre esta pregunta estiveron a reflexionar hoxe os rapaces e rapazas de 5º de primaria.

Por medio da técnica de traballo cooperativo "o folio xiratorio" foron escribindo todas aquelas cousas que se lles ocorrían para as que precisamos este tipo de enerxía na nosa vida. Mesmo chegaron a crer que non se podería vivir sen electricidade...(sería un bó tema para un debate).

Ao final, reflectimos a súas aportacións nun PADLET que compartimos aquí e que nos servirá como punto de partida da segunda parte da nosa investigación sobre a enerxía: ónde se consegue a enerxía eléctrica que usamos.


lunes, 18 de marzo de 2019

Hugo Rodríguez fala de...Nancy Wake

Ola rapazolas e rapazolos!

Hoxe foi a quenda de Hugo, falándonos de Nancy Wake, unha periodista australiana moi activa durante a II Guerra Mundial.

Resultado de imagen de nancy wake

E aquí temos a Hugo, contándonos o que descubriu sobre esta singular muller...






martes, 12 de marzo de 2019

Brais fala de... Lottie Dod

Ola rapazolos e rapazolas!

Lembraredes que a comezos deste curso chegou á nosa clase o libro "Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo". Nesta publicación fálannos dunha chea de mulleres, de distintas épocas da Historia, que sobresaíron por algún aspecto da súa vida.

O pasado luns, 11 de marzo, comezamos unha serie de exposicións orais (que gravaremos en vídeo) nas que os nenos e nenas que así o desexen farán unha pequena presentación dunha destas mulleres.
O primeiro en participar foi Brais, ó que lle tocou falarnos de Lottie Dod, unha deportista británica que naceu a finais do século XIX.

Resultado de imagen de lottie dod

Aquí vos deixamos a súa intervención...





jueves, 7 de marzo de 2019

O poder das pingas: centrais hidroeléctricas.

Ribeira Sacra, Cañones Del Sil, Ourense

Este é o título do proxecto de investigación que vai desenvolver neste curso o alumnado de 5º de Primaria, relacionado co PDI anual do colexio.

E por que este título? Pois veredes...

"Pinga a pinga..."  é a primeira parte do nome do proxecto de centro. Xa sabemos que é moi importante que cada un de nós faga a súa aportación, por pequena que sexa.

Pero se, por riba, esas pingas se xuntan, conseguen ter un gran poder, aínda sendo cada unha delas moi pequenas.

Así o puidemos comprobar co visionado, na clase, deste vídeo sobre o río Sil e o canón por onde discorre, que nos serviu de pistoletazo de saída para a nosa investigación.



Certo é que o canón se formou en boa parte pola presenza dunha falla tectónica que produciu esta depresión, pero tamén grazas á acción erosiva da auga do río (deses milleiros...millóns...billóns... de pingas) sobre a pedra granítica das montañas que o acobillan. Non me digades que isto non é ter PODER!

Pero aínda hai máis... Como falamos na clase, todas esas pingas que xuntas forman o río Sil, teñen outro poder do que a nosa sociedade actual saca moito partido: a súa enerxía. E ó longo do curso do río, en distintas instalacións, se transforma en enerxía eléctrica para o noso consumo. 

E éste é o poder no que nos imos centrar para saber máis sobre a enerxía, a enerxía eléctrica, en concreto, e as centrais hidroeléctricas.

Así que, preparados....que comezamos....