Un lugar para aprender e coñecer

Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de octubre de 2019

Comezando o curso...rumbo a Europa

 Ola, rapazolos e rapazolas!

Neste novo curso comezamos con forza e fixamos a vista máis aló das nosas fronteiras.... viaxamos ó noso xeito ata Europa, para coñecer o seu relevo, os mares que bañan as súas costas e algúns dos seus ríos.
Para que poidades practicar o que imos aprendendo, dun xeito máis entretido, déixovos aquí uns enlaces a xogos interactivos para que vos poñades a proba.... A pasalo ben!











sábado, 27 de abril de 2019

É a quenda das provincias....

Ola rapazolas e rapazolos!
Lembrades que o curso pasado estudamos as Comunidades Autónomas de España? Algúns de vós aprendéstelas moi ben practicando cos xogos interactivos que vos deixei daquela neste blog.
Pois agora chegou o momento de ir un pasiño máis adiante e traballar coas provincias que conforman cada unha desas comunidades autónomas. E como a través de xogo é un dos mellores xeitos de aprender, tamén nesta ocasión vos deixo uns enlaces que están á nosa disposición na Internet para poder practicar cantas veces queirades.






viernes, 22 de febrero de 2019

O ESQUELETO

Ola rapazolos e rapazolas!

Nesta entrada veño deixarvos enlaces directos a  uns cantos xogos interactivos para poder repasar os ósos do esqueleto. Para acceder a cada un deles, non tedes máis que pinchar nos nomes dos sitios web.

DIDACTALIA 

(versión 1)



DIDACTALIA

(versión 2)


CEREBRITI

(versión 1)


CEREBRITI

(versión 2)


EDUCAPLAY


Que pasedes un bó rato.... 

jueves, 12 de abril de 2018

COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Ola rapazolas e rapazolos!

Eiquí vouvos deixar uns sitios onde podedes estudar as comunidades autónomas de España de xeito interactivo. Pinchade en cada un deles para acceder ao xogo.






0

miércoles, 24 de enero de 2018

Comezamos cos ríos de España



Ola, rapazolos e rapazolas!

Para que aprendades os primeiros ríos de España dos que estivemos a falar, déixovos un xogo que podedes practicar cantas veces queirades.
Atópase na páxina de mundoprimaria.com, onde tamén hai moitos máis xogos para practicar á vez que pasades un bó rato.
Resultado de imagen de ríos de españa

0

jueves, 18 de enero de 2018

Xogando coa acentuación das palabras

Ola, rapazolos e rapazolas!

Para que poidades disfrutar ao tempo que practicades a acentuación das palabras, déixovos uns xogos interactivos dispoñibles na páxina web www.ayudaparamaestros.com




0

viernes, 20 de octubre de 2017

Pasatempos de matemáticas

Ola rapazolos....e rapazolas!

Tráiovos a proba de que coas matemáticas tamén se poden pasar moi bos ratos. A que esperas para probar....!  Anímate!


0

Xogando cos números romanos

Apetécevos botar uns xogos?

Desta vez ímolo facer cos números romanos que vides de aprender.

En    www.educaciontrespuntocero.com   teñen preparada unha listaxe de xogos para que poñades en práctica o que aprendestes.