Rematamos este mes de maio coa presentación que Leo nos fixo de Alice Guy Blaché...
Certo é que foron dous homes, os irmáns Lumière, os que patentaron o cinematógrafo e os que proxectaron, por primeira vez na historia, unha película.
E durante décadas apareceu o nome doutro home, Georges Méliès,como o director do primeiro filme de ficción.
Pero a persoa visionaria que entendeu as inmensas posibilidades do cine para contar historias foi unha muller,Alice Guy, aínda que o seu nome foi inxustamente esquecido só por unha razón: a de ser muller.
E, sen máis, aquí tedes a Leo contándonos o que sobre ela descubriu no noso libro "Las chicas son guerreras".
E máis concretamente, de Magdalena Carmen Frida Kahlo Calderón, pois este era o nome completo desta pintora mexicana.
Aínda que a súa vida estivo marcada polas enfermidades e as contrariedades, tanto físicas como anímicas, Frida soupo aproveitala ao máximo, facendo sempre o que sentía, e sempre facéndoo con moita intensidade.
Este primeiro luns de maio foi a ocasión perfecta para que Isaac nos falase da muller que elixiu para a súa exposición...
...Virginia Woolf, escritora británica e unha das grandes renovadoras da novela moderna.
Pero, ademais, foi pioneira en plasmar nas súas obras reflexións sobre a condición da muller, a indentidade feminina e as relacións da muller coa arte e a literatura. A súa obra "Una habitación propia" tivo unha grande influencia no movemento feminista.
Así salientou Isaac algúns dos seus rasgos máis característicos.
A semana pasada foi Coral a que nos contou cousas interesantes sobre Hipatia de Alejandría...
.....unha das primeiras mulleres científicas de quen temos referencia.
Sócrates Escolástico, un historiador grego do século V, escribiu:
"Había unha muller en Alejandría que se chamaba Hypatia, filla do filósofo Teón, que logrou tales alcances en literatura e ciencia, que sobrepasou en moito a todos os filósofos do seu propio tempo".
E aquí queda o que Coral quixo compartir con todos nós sobre esta inigualable muller.
Lembrades que o curso pasado estudamos as Comunidades Autónomas de España? Algúns de vós aprendéstelas moi ben practicando cos xogos interactivos que vos deixei daquela neste blog.
Pois agora chegou o momento de ir un pasiño máis adiante e traballar coas provincias que conforman cada unha desas comunidades autónomas. E como a través de xogo é un dos mellores xeitos de aprender, tamén nesta ocasión vos deixo uns enlaces que están á nosa disposición na Internet para poder practicar cantas veces queirades.
Pois chegoulle a quenda a Hugo, que elixiu falarnos de Simone de Beauvoir...
.....escritora, profesora e filósofa francesa cuxas obras serviron de base ao feminismo e axudaron a establecer a idea de igualdade de xénero e reinvindicar que unha muller é moito máis que esposa e nai.
Así nos contou Hugo sobre esta inspiradora muller:
E por fin lle chegou o tempo ás centrais hidroeléctricas....
....tempo de que coñezamos, aínda que sexa dun xeito básico, como é o seu funcionamento para obter enerxía eléctrica a partir da enerxía da auga dos ríos.
Para elo, botamos man esta vez dun vídeo elaborado polo grupo ACCIONA, que nos axudou moito no proceso de recabar información.
Déixovolo aquí, por se queredes botarlle outra miradiña....
No desenvolvemento do proxecto de investigación "O poder das pingas: centrais hidroeléctricas" unha das partes máis importantes, logo de ter buscado a información que nos fai falla, é facer unha selección e chegar a un acordo dentro do grupo para expor o que vimos de descubrir.
Para iso é preciso pararse a pensar.......
.....repasar a información posta ó noso alcance....
.....coñecer o signifiacado de palabras que non entendemos.....
.....debatir no grupo que é o relevante.....
..... e decidir cal é o mellor xeito de expresalo.
Antes disto, na biblioteca, fixemos parte da investigación utilizando fondos bibliográficos axeitados ao noso tema.....
Se tedes feito a tarefa que vos encomendei...(estou segura de que sí), xa saberedes que a electricidade se obtén, a partir doutros tipos de enerxía, nas centrais eléctricas.
E seguro que na vosa investigación de casa vos destes conta de que hai varios tipos de centrais eléctricas, dependendo do tipo de enerxía orixinal que se utilice para transformala en electricidade.
Pois disto ímonos ocupar agora... de coñecer cada unha destas centrais eléctricas. Para iso, contades coa información que atoparedes nos seguintes enlaces de www.endesaeduca.com.
Sobre esta pregunta estiveron a reflexionar hoxe os rapaces e rapazas de 5º de primaria.
Por medio da técnica de traballo cooperativo "o folio xiratorio" foron escribindo todas aquelas cousas que se lles ocorrían para as que precisamos este tipo de enerxía na nosa vida. Mesmo chegaron a crer que non se podería vivir sen electricidade...(sería un bó tema para un debate).
Ao final, reflectimos a súas aportacións nun PADLET que compartimos aquí e que nos servirá como punto de partida da segunda parte da nosa investigación sobre a enerxía: ónde se consegue a enerxía eléctrica que usamos.
Lembraredes que a comezos deste curso chegou á nosa clase o libro "Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo". Nesta publicación fálannos dunha chea de mulleres, de distintas épocas da Historia, que sobresaíron por algún aspecto da súa vida.
O pasado luns, 11 de marzo, comezamos unha serie de exposicións orais (que gravaremos en vídeo) nas que os nenos e nenas que así o desexen farán unha pequena presentación dunha destas mulleres.
O primeiro en participar foi Brais, ó que lle tocou falarnos de Lottie Dod, unha deportista británica que naceu a finais do século XIX.
Este é o título do proxecto de investigación que vai desenvolver neste curso o alumnado de 5º de Primaria, relacionado co PDI anual do colexio.
E por que este título? Pois veredes...
"Pinga a pinga..." é a primeira parte do nome do proxecto de centro. Xa sabemos que é moi importante que cada un de nós faga a súa aportación, por pequena que sexa.
Pero se, por riba, esas pingas se xuntan, conseguen ter un gran poder, aínda sendo cada unha delas moi pequenas.
Así o puidemos comprobar co visionado, na clase, deste vídeo sobre o río Sil e o canón por onde discorre, que nos serviu de pistoletazo de saída para a nosa investigación.
Certo é que o canón se formou en boa parte pola presenza dunha falla tectónica que produciu esta depresión, pero tamén grazas á acción erosiva da auga do río (deses milleiros...millóns...billóns... de pingas) sobre a pedra granítica das montañas que o acobillan. Non me digades que isto non é ter PODER!
Pero aínda hai máis... Como falamos na clase, todas esas pingas que xuntas forman o río Sil, teñen outro poder do que a nosa sociedade actual saca moito partido: a súa enerxía. E ó longo do curso do río, en distintas instalacións, se transforma en enerxía eléctrica para o noso consumo.
E éste é o poder no que nos imos centrar para saber máis sobre a enerxía, a enerxía eléctrica, en concreto, e as centrais hidroeléctricas.
Nesta entrada veño deixarvos enlaces directos a uns cantos xogos interactivos para poder repasar os ósos do esqueleto. Para acceder a cada un deles, non tedes máis que pinchar nos nomes dos sitios web.