Ola rapazolos e rapazolas!
Déixovos a imaxe do mapa conceptual que estivemos a ver na clase e a partir do cal deberedes escribir o resumo.
...
martes, 25 de septiembre de 2018
jueves, 12 de abril de 2018
COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Ola rapazolas e rapazolos!
Eiquí vouvos deixar uns sitios onde podedes estudar as comunidades autónomas de España de xeito interactivo. Pinchade en cada un deles para acceder ao xogo.
...
martes, 27 de febrero de 2018
QUE SON OS CONECTORES

Ola rapazolas e rapazolos!
Ben, pois como xa vimos este días, podemos enriquecer un texto que creemos usando os conectores. Na clase vimos algún deles...e xa comezamos a practicar.
Para que coñezades outros máis, sabendo para que se utilizan e cando, e os poidades ter sempre a man, aquí vos deixo unha imaxe cunha listaxe bastante completa. Espero que fagades moito uso deles de agora en diante.
...
lunes, 26 de febrero de 2018
O CAMIÑO DE SANTIAGO, DA PROFE PILAR.
Ola, rapazolos e rapazolas!
Como esta mañá pasamos un ratiño estupendo coa profe Pilar, a vosa profe de 1º e 2º, falando da súa experiencia no camiño de Santiago, imos recoller aquí tres resumos sobre o que nos falou, feitos por tres de vós...
"Hoxe veu a profe Pilar a clase para contarnos a súa experiencia facendo o camiño de Santiago.
Contounos que ela había feito o camiño varias veces. Unha de elas desde O Cebreiro. Preguntámoslle como se indicaba o camiño, dixo que había fitos con vieiras que o sinalaban ou frechas amarelas nas árbores...
sábado, 24 de febrero de 2018
"CAMIÑO DE SANTIAGO" - QUE SABEMOS? / QUE QUEREMOS SABER?

Ola rapozolos e rapazolas!
Fai uns días, na clase, falamos e recollemos nuns padlets o que xa sabemos sobre o Camiño de Santiago e o que queremos aprender.
Para que sempre o poidades ter a man e consultar cantas veces precisedes, aquí volos deixo...
...
"CAMIÑO DE SANTIAGO"

Ola rapazolas e rapazolos!
Imos comezar a traballar no noso proxecto deste curso 2017-2018, "O Camiño de Santiago", como parte do proxecto anual do centro "PALABRAS QUE TRAE O MAR", adicado como xa sabedes, ao Pergamiño Vindel.
Déixovos aquí esta imaxe para premer nela e poder acceder ao sitio web onde temos todas as cuestións que imos investigar por equipos, e onde iremos recollendo o que vaiamos aprendendo polo camiño.
Comezamos a a...
sábado, 27 de enero de 2018
DIA DA PAZ - BICOS DE PAPEL
Ola rapazolos e rapazolas!
Non esquezades lembrar ás vosas familias que o día 30 de xaneiro de 2018, DIA DA PAZ E A NON VIOLENCIA, repartiremos a todo o que se achegue ....
Preme na imaxe para saber máis....
miércoles, 24 de enero de 2018
Comezamos cos ríos de España

Ola, rapazolos e rapazolas!
Para que aprendades os primeiros ríos de España dos que estivemos a falar, déixovos un xogo que podedes practicar cantas veces queirades.
Atópase na páxina de mundoprimaria.com, onde tamén hai moitos máis xogos para practicar á vez que pasades un bó rato....
jueves, 18 de enero de 2018
Xogando coa acentuación das palabras

Ola, rapazolos e rapazolas!
Para que poidades disfrutar ao tempo que practicades a acentuación das palabras, déixovos uns xogos interactivos dispoñibles na páxina web www.ayudaparamaestros.com
...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)