­

Un lugar para aprender e coñecer

martes, 27 de febrero de 2018

QUE SON OS CONECTORES

Ola rapazolas e rapazolos! Ben, pois como xa vimos este días, podemos enriquecer un texto que creemos usando os conectores. Na clase vimos algún deles...e xa comezamos a practicar. Para que coñezades outros máis, sabendo para que se utilizan e cando, e os poidades ter sempre a man, aquí vos deixo unha imaxe cunha listaxe bastante completa. Espero que fagades moito uso deles de agora en diante. ...
0

lunes, 26 de febrero de 2018

O CAMIÑO DE SANTIAGO, DA PROFE PILAR.

Ola, rapazolos e rapazolas! Como esta mañá pasamos un ratiño estupendo coa profe Pilar, a vosa profe de 1º e 2º, falando da súa experiencia no camiño de Santiago, imos recoller aquí tres resumos sobre o que nos falou, feitos por tres de vós... "Hoxe veu a profe Pilar a clase para contarnos a súa experiencia facendo o camiño de Santiago. Contounos que ela había feito o camiño varias veces. Unha de elas desde O Cebreiro. Preguntámoslle como se indicaba o camiño, dixo que había fitos con vieiras que o sinalaban ou frechas amarelas nas árbores...

sábado, 24 de febrero de 2018

"CAMIÑO DE SANTIAGO" - QUE SABEMOS? / QUE QUEREMOS SABER?

Ola rapozolos e rapazolas! Fai uns días, na clase, falamos e recollemos nuns padlets o que xa sabemos sobre o Camiño de Santiago e o que queremos aprender. Para que sempre o poidades ter a man e consultar cantas veces precisedes, aquí volos deixo... ...

"CAMIÑO DE SANTIAGO"

Ola rapazolas e rapazolos! Imos comezar a traballar no noso proxecto deste curso 2017-2018, "O Camiño de Santiago", como parte do proxecto anual do centro "PALABRAS QUE TRAE O MAR", adicado como xa sabedes, ao Pergamiño Vindel. Déixovos aquí esta imaxe para premer nela e poder acceder ao sitio web onde temos todas as cuestións que imos investigar por equipos, e onde iremos recollendo o que vaiamos aprendendo polo camiño. Comezamos a a...