
Rematamos este mes de maio coa presentación que Leo nos fixo de Alice Guy Blaché...
Certo é que foron dous homes, os irmáns Lumière, os que patentaron o cinematógrafo e os que proxectaron, por primeira vez na historia, unha película.
E durante décadas apareceu o nome doutro home, Georges Méliès,como o director do primeiro filme de ficción.
Pero a persoa visionaria que entendeu as inmensas posibilidades do cine para contar historias...