­

Un lugar para aprender e coñecer

martes, 26 de marzo de 2019

Un día de investigación...

No desenvolvemento do proxecto de investigación "O poder das pingas: centrais hidroeléctricas" unha das partes máis importantes, logo de ter buscado a información que nos fai falla, é facer unha selección e chegar a un acordo dentro do grupo para expor o que vimos de descubrir. Para iso é preciso pararse a pensar....... .....repasar a información posta ó noso alcance.... .....coñecer o signifiacado de palabras que non entendemos..... .....debatir...

miércoles, 20 de marzo de 2019

Centrais eléctricas

Ola rapazolos e rapazolas! Se tedes feito a tarefa que vos encomendei...(estou segura de que sí), xa saberedes que a electricidade se obtén, a partir doutros tipos de enerxía, nas centrais eléctricas. E seguro que na vosa investigación de casa vos destes conta de que hai varios tipos de centrais eléctricas, dependendo do tipo de enerxía orixinal que se utilice para transformala en electricidade. Pois disto ímonos ocupar agora... de...

Para que precisamos a enerxía eléctrica?

Sobre esta pregunta estiveron a reflexionar hoxe os rapaces e rapazas de 5º de primaria. Por medio da técnica de traballo cooperativo "o folio xiratorio" foron escribindo todas aquelas cousas que se lles ocorrían para as que precisamos este tipo de enerxía na nosa vida. Mesmo chegaron a crer que non se podería vivir sen electricidade...(sería un bó tema para un debate). Ao final, reflectimos a súas aportacións nun PADLET que compartimos aquí e que nos servirá como punto de partida da segunda parte da nosa investigación sobre a enerxía:...

lunes, 18 de marzo de 2019

Hugo Rodríguez fala de...Nancy Wake

Ola rapazolas e rapazolos! Hoxe foi a quenda de Hugo, falándonos de Nancy Wake, unha periodista australiana moi activa durante a II Guerra Mundial. E aquí temos a Hugo, contándonos o que descubriu sobre esta singular muller... ...

martes, 12 de marzo de 2019

Brais fala de... Lottie Dod

Ola rapazolos e rapazolas! Lembraredes que a comezos deste curso chegou á nosa clase o libro "Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo". Nesta publicación fálannos dunha chea de mulleres, de distintas épocas da Historia, que sobresaíron por algún aspecto da súa vida. O pasado luns, 11 de marzo, comezamos unha serie de exposicións orais (que gravaremos en vídeo) nas que os nenos e nenas que así o desexen farán unha pequena...

jueves, 7 de marzo de 2019

O poder das pingas: centrais hidroeléctricas.

Este é o título do proxecto de investigación que vai desenvolver neste curso o alumnado de 5º de Primaria, relacionado co PDI anual do colexio. E por que este título? Pois veredes... "Pinga a pinga..."  é a primeira parte do nome do proxecto de centro. Xa sabemos que é moi importante que cada un de nós faga a súa aportación, por pequena que sexa. Pero se, por riba, esas pingas se xuntan, conseguen ter un gran poder, aínda sendo...